Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro acollerá este sábado a Noite Aberta, que trae descontos, agasallos, sorteos e animación

Boiro. A concelleira de Cultura de Boiro, María Outeiral; o edil de Comercio e Consumo, Marcos Fajardo; e o presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Daniel García, presentaron este mércores unha nova edición da Noite Aberta, que se celebrará este sábado 27 de novembro e na que haberá descontos, agasallos e actividades de rúa.

Participan un total de 25 comercios, que estarán abertos ata as 23.00 horas e ofrecerán descontos do 20 %, 30 % e ata 50 %. Ademais, haberá sorteos e agasallos. Así, os clientes que realicen as súas compras durante a xornada do sábado terán a posibilidade de acadar premios directos coa nova ruleta da sorte ABE, que estará situada na rúa Pablo Iglesias dende as 18.00 ata as 21.00 horas. Cada tique de compra dará dereito s unha tirada na ruleta, coa que poderán gañar tazas, bolsas, golosinas, xoguetes ou vales de compra por importe de cinco euros.

Asemade, a concellaría de Cultura de Boiro programa unha serie de actividades de animación itinerante polas rúas comerciais. O espectáculo será Tea. Deusa da luz e do sol, e un pase terá lugar ás 18.30 horas e outro ás 20.30 horas. m. t.

24 nov 2021 / 20:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.