Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro amplía o hangar do club de piragüismo con 65.410 €

Construirase un novo módulo de 60 m2 entre as instalacións actuais e o muro de contención

Boiro. A Deputación da Coruña financia, a través do Plan Único, o proxecto para a ampliación do hangar do Club de Piragüismo Rías Baixas, do Concello de Boiro, que conta cun orzamento de 65.410 €.

A actuación implica a construción dun novo módulo de 60 metros cadrados ocupando o espazo existente entre a nave actual e o muro de contención que divide a parcela en dous. O obxectivo é que esta nova instalación permita acoller embarcacións de maior eslora, que ata o de agora non tiñan cabida.

O novo módulo, que terá unha superficie útil de 53,68 metros cadrados, contará cunha estrutura soporte de muro de fábrica de termoarcilla, unha cuberta con panel tipo sándwich de chapa grecada de aceiro galvanizado con illamento térmico e unha fachada que se resolve a través dunha cámara de aire entre o muro de contención e unha estrutura de termoarcilla revestida con morteiro.

Por outra banda, o Plan Único da Deputación tamén financia integramente a obra de renovación do pavimento da vía que vai de Curvera a Mavi, na parroquia boirense de Santa María de Castro. Os traballos, nos que se invisten 70.075 €, inclúen a limpeza da estrada, a súa pavimentación e o posterior pintado de marcas na vía. Os dous proxectos están a licitación. s. souto

12 oct 2022 / 15:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.