Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro celebra con música e a presentación de tres libros o Día das Letras

Antón Riveiro, Héctor Cajaraville e Aurora Marco darán a coñecer as súas últimas obras

Boiro. O Concello de Boiro e a asociación cultural Barbantia preparan unha programación especial para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020 que, por mor da Covid-19, non se puido celebrar o 17 de maio e se adiou ao 31 de outubro. A programación inclúe presentacións literarias e actuacións musicais, con prazas limitadas e seguindo todas as medidas de seguridade, para os días 30 e 31.

O venres 30, ás 20.30 horas no local Leñaverde do centro social, vaise realizar a presentación do Premio Torrente Ballester 2019, o libro O paraíso dos inocentes, de Antón Riveiro Coello, na que intervirán o autor; a vicepresidenta do citado colectivo, María Xesús Blanco, e o vogal, Xesús Laíño; o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto; e o alcalde, José Ramón Romero.

Ademais, haberá unha actuación da Escola de Ballet Cen Pliés de Boiro.

O sábado 31 vaise facer, ás 17.00 horas, a presentación do libro Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, de Héctor Cajaraville, na que intervirán Milagros Torrado e o rexedor. A continuación, as 17.45 horas terá lugar a presentación do libro Foula e Ronsel. Os anos que marcaron a biografía de Carvalho Calero (1911-1941), de Aurora Marco, na que intervirán Xesús Laíño e a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Por outra banda, a partir das sete da tarde continuará a programación deseñada pola administración local en colaboración con Barbantia coa actuación infantil de Os Monifates e, ás 19.40 horas, a do grupo Xilbarbeira. s. s.

27 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.