Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro contará cun obradoiro de emprego do eido forestal

Boiro. O Concello de Boiro contará no curso 2021-2022 cun obradoiro dual de emprego especializado en xestión forestal. A formación estará dividida en dúas especialidades: unha de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e outra de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Un total de 20 persoas vanse formar e traballar divididos nas dúas especialidades entre os meses de outubro e xullo. As persoas interesadas deben inscribirse como demandantes de emprego e solicitar un taller. Os alumnos terán un contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo de 40 horas semanais, durante 9 meses en horario de 07.30 a 15.30 horas, de luns a venres.

Para o desenvolvemento do programa formativo vaise realizar tamén a contratación de persoal docente, incluídos un director, un titor-docente e dous docentes (a xornada completa co mesmo horario que o alumnado, agás o titor-docente, que será un 70 % da xornada). O obradoiro vaise levar a cabo mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, ao abeiro das subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. s. souto

15 sep 2021 / 18:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.