Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro convoca un proceso selectivo para traballadores do grupo C1

Trátase dun concurso por oposición libre para a cobertura de prazas de administrativo

Boiro. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal de prazas de administrativo/a do grupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e as bases e toda a información sobre o proceso están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo vanse formalizar mediante a modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. O proceso selectivo vai constar dunha proba de coñecementos mediante un cuestionario tipo test, unha proba práctica e proba de coñecementos de lingua galega. Valorarase tamén a experiencia profesional e a formación.

BACHARELATO. As persoas candidatas deben cumprir unha serie de requisitos, como son estar en posesión do título de Bacharelato e reunir as demais condicións para acceder ao emprego público, como ter feitos os 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación, así como posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das funcións.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto e as persoas interesadas teñen que entregar o modelo de instancia e a demais documentación que se require no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 09.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica, ata o vindeiro 11 de agosto. s. s.

03 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.