Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro executa servizos e beirarrúas na estrada de Cespón a Quinteiro

Mellórase a seguridade e dotarase ao núcleo de redes de servizo e alumeado tipo LED

Boiro. A xunta de goberno local de Boiro deu luz verde á execución de beirarrúas e servizos da DP-1106 dende Cespón a Quinteiro. O executivo local aprobou un investimento por importe de 352.555,64 euros do Plan de Obras e Servicios da Deputación da Coruña para levar a cabo esta obra. O alcalde, José Ramón Romero, visitou este xoves o lugar no que se proxectan as actuacións.

O proxecto contempla a beira este entre os puntos quilométricos PK 4,700 e PK 6,200. Segundo indicou Romero, o obxectivo desta intervención é dotar á parroquia de redes separativas de pluviais e fecais, rede de calidade de subministro de auga e alumeado público que garanta unhas condicións axeitadas de seguridade viaria.

Vaise actuar nun tramo de 1.500 metros lineais nos que se vai executar unha rede separativa de pluviais e fecais que contará con 30 arquetas sumidoiros e unha rede de auga potable que permita dispoñer de abastecemento municipal, para o que se van colocar un total de 30 acometidas domiciliarias e 3 hidrates para o servizo de bombeiros.

A actuación rematará coa execución dunha beirarrúa de 1,5 metros de ancho ao longo de toda a marxe este da estrada, que contará con alumeado público realizado con rede soterrada eléctrica e luminarias tipo LED. m. t.

15 jul 2021 / 20:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.