Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro merca dous puntos limpos móbiles, que van percorrer trinta núcleos

BOIRO. O Concello de Boiro recibiu da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda unha subvención para financiar o programa Reciclaxe en movemento, mediante o cal se van adquirir dous puntos limpos móbiles que percorrerán o municipio ao longo do ano. Contan con sete bocas de residuos para a recollida de lámpadas e fluorescentes; téxtil e roupa; xoguetes e outros plásticos que non poden ir ao contedor amarelo, pilas e baterías; elementos plásticos e perigosos. Ao longo do ano está previsto que percorran preto de trinta núcleos. Con esta iniciativa o que se busca é achegar o punto limpo que o Concello ten en Espiñeira a todas as veciñas e veciños do municipio para fomentar a correcta reciclaxe de residuos evitando os desprazamentos. O vindeiro ano vanse adquirir outros dous puntos limpos móbiles para ampliar o servicio. s. s.

29 jul 2022 / 14:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.