Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boiro reabrirá o Pazo Goiáns coa Romaría das Letras o 16

Boiro. O Concello de Boiro elaborou a programación cultural do mes de maio, que está centrada nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas e no que se vai realizar a inauguración do Pazo Goiáns tras a súa rehabilitación ca Romaría das Letras.

A inauguración será o día 16 ás 19.00 horas e incluirá a plantación dunha figueira da horta de Rosalía de Castro e a presentación do número 6 da revista Follas Novas.

A programación do luns 16 vaise completar ca actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio e tamén da compañía Nova Galega de Danza.

O día 17 haberá actividades todo o día. A apertura de portas farase ás 11.00 horas e haberá postos de artesanía; un photocall sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán; libreiros e pulpeira. Haberá baile galego cas entidades locais Xilbarbeira, Aroña e Abeloura; sesión vermú con Os da Porfía; e xantar popular cos Pequenos do Barbanza.

Pola tarde terán lugar as presentacións dos libros O caso dos amantes de París, de Miguel Alonso, e Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade, de Héctor Cajaraville, organizadas pola asociación Barbantia. Ademais, actuarán Esperanza Mara, do grupo de teatro Airiños, Xisco Feijóo e Baiuca. suso souto

06 may 2022 / 16:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.