Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro renderá homenaxe ao mestre Boga o Día da Música

Boiro. A programación cultural deseñada polo Concello de Boiro para este mes inclúe teatro, actos no Pazo de Goiáns, magosto e actividades para festexar o Día da Música. Comezará este venres día 4 ca peza teatral para adultos Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro, ás 21.00 horas na casa da cultura. Os días 5 e 6 haberá visitas teatralizadas de Os Quinquilláns ó Pazo de Goiáns, onde tamén terán lugar o sábado 5 ás 19.00 horas as presentacións literarias das obras Atlántico norte, chamádeme Ismael e Abril.

O venres 11 ás 21.00 A Panadería presenta a obra teatral As que limpan, para adultos. O sábado 12, o grupo Xilbarbeira celebra ás 17.00 horas na praza do centro social o seu tradicional magosto.

Butacazero traerá tamén á casa da cultura a obra Papagena, para adultos, o venres 18. O día 19 celébrase o Día da Música cunha homenaxe ao mestre Ramón Boga Ramallo, director da Banda de Música de Boiro nos anos 90. Será ás 19.00 horas no centro social. O venres 25 Talía Teatro representa na casa da cultura ás 20.00 Voa, voa, para público infantil e familiar. E a Mostra de Teatro Escolar, tamén para Secundaria, será na casa da cultura os días 10, 14, 15, 16, 17 e 21. s. souto

02 nov 2022 / 16:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.