Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro reparte meseiros á hostalería para as cartas coa información turística

BOIRO. O Concello de Boiro vén de entregar aos empresarios do sector hostaleiro meseiros personalizados coa carta e información turística do municipio mediante código QR. O departamento de Turismo realiza, de xeito periódico, xuntanzas cos xerentes de aloxamentos e establecementos do sector para traballar en conxunto e potenciar o turismo de calidade, sustentable e dixital. Estas xuntanzas buscan as sinerxías para ofrecer ós visitantes opcións e iniciativas adaptadas á demanda. Os citados meseiros están feitos nun material plastificado que permite a súa desinfección, e que os establecementos poderán colocar nas mesas e nas habitacións. A web www.boiroturismo.gal contén un apartado específico dedicado á hostalería cunha breve descrición do establecemento e horarios de cociña, días de apertura, teléfono de contacto e a carta. s. s.

30 jul 2021 / 12:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.