Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Buscan apoio para adecuar o complexo de A Cachada

Boiro. O Concello de Boiro busca apoios para mellorar as deficiencias que presentan as instalacións do complexo municipal deportivo de A Cachada. Despois de realizar obras de reparación na cuberta do pavillón, os falsos teitos da entrada da instalación e o vaso da piscina, están pendentes unhas actuacións para a renovación integral dos baños e os vestiarios.

O arquitecto municipal realizou xa un proxecto para a renovación destas zonas das instalacións, cuxo orzamento ascende a 276.199,91 euros en total. A actuación comprende a renovación dos vestiarios da planta baixa de acceso á piscina climatizada; dos que están na pista deportiva; os específicos para árbitros e dos baños públicos.

Dende o executivo local indicaron que mentres non se completen os traballos necesarios para o seu correcto funcionamento, a instalación continúa pechada ao público xeral; só fan un uso puntual das súas dependencias para os adestramentos o club de voleibol e o club de natación.

Coa actuación nos vestiarios do complexo “a instalación quedaría completamente renovada e solventadas as deficiencias acumuladas durante anos para volver abrir e prestar servizo”, afirmaron as mesmas fontes. m. t.

21 oct 2021 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.