Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 07 agosto 2022
03:36
h

Caeu a moción do BNG para que A Creba sexa pública

Muros. O pleno de Muros debateu este luns unha moción do BNG coa que se pedía que o Concello iniciase os trámites para a restitución da titularidade pública da illa da Creba, que se estudase a legalidade das obras que nela se realizaron e a súa protección mediante a incorporación ó Parque Nacional das Illas Atlánticas e mediante algunha das fórmulas recollidas na Lei de Patrimonio Cultural.

O Bloque defendeu que a ulla “debe volver a titularidade pública porque a súa privatización foi irregular desde o principio, xa que aparece inscrita no Concello de Outes, e é o Concello de Muros, por pertencer a illa ó seu territorio, o que debe defendelo”.

O PSOE presentou unha emenda á totalidade, que foi desestimada, coa que propoñía a petición dun informe xurídico á Deputación da Coruña sobre a situación actual da illa e da súa titularidade.

Tamén o PP presentou unha emenda á totalidade, igualmente rexeitada, coa que propoñía a constitución dunha xunta de voceiras para estudar as opcións existentes en relación ca illa, propoñendo os estudos e trámites precisos cara á súa posible recuperación ou posta en valor.

No pleno interveu Rodrigo Molinos, portavoz da Plataforma A Creba é do Pobo, quen incidiu no deber dos políticos de defender os bens públicos por encima de proxectos turísticos privados.

A moción foi rexeitada cos votos en contra de PSOE e PP, e os votos a favor do BNG e dos edís non adscritos. s. s.

30 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.