Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Calvo anuncia axudas para infraestruturas en O Son

A orde está dotada con 3,5 M€ // O Concello sonense recibiu nos últimos anos 75.000 € para mellorar a casa consistorial

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou este martes xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, o concello de Porto do Son para coñecer as melloras realizadas nos últimos anos na casa consistorial ao abeiro da Orde para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

No percorrido, Diego Calvo anunciou que este xoves 19 de xaneiro se publicará no Diario Oficial de Galicia a convocatoria correspondente a 2023, que mantén o orzamento de 3,5 millóns de euros no marco do compromiso do Goberno autonómico coas administracións locais. Segundo explicou, a través desta liña de axudas a Xunta colabora cos concellos nas obras relacionadas coas redes de luz pública, a pavimentación de camiños e os parques infantís, así como as executadas nos edificios ou dependencias municipais. Neste último caso, inclúese tamén como gastos subvencionables a adquisición de equipamento, como mobiliario e material informático ou audiovisual. O financiamento pode chegar a cubrir ata o 80 % do presuposto do proxecto.

No caso do concello de Porto do Son, a Xunta destinou nos últimos anos 75.000 euros a melloras no edificio consistorial ao abeiro desta liña de axudas. As achegas permitiron reformar no ano 2020 o segundo andar, onde se sitúa a concellaría de Servizos Sociais, e o pasado ano, mellorar a eficiencia enerxética das oficinas de persoal e secretaría. Os investimentos ascenderon a 40.000 e 35.000 euros respectivamente.

A maiores, a través dun convenio, o Executivo galego colaborou na mellora enerxética da planta baixa, cunha achega de 90.750 euros, máis do 60 % do custo total, que alcanzou os 145.283 euros.

Para o vicepresidente segundo, a orde para a mellora de infraestruturas municipais “é unha das liñas que pon de manifesto o compromiso da Xunta coas administracións locais, como entidades máis próximas á cidadanía. Trátase así de garantir o equilibrio no territorio entre o medio rural e urbano, o interior e a costa, a prol do desenvolvemento económico de toda a xeografía e que a veciñanza teña unhas óptimas condicións de vida con independencia do seu lugar de residencia”, asegurou.

Indicar que a medida vai dirixida aos concellos que teñan menos de 30.000 habitantes e poderán optar a ela de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións. Neste marco de acción, ao longo de 2022 financiáronse en Galicia 108 actuacións, a maioría relacionadas coas melloras nos edificios ou dependencias municipais. A provincia da Coruña foi a que máis axudas recibiu, con 31.

17 ene 2023 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.