Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
En Ribeira desenvólvese o curso de operario de limpeza e en Carballo o de dependente de produtos frescos // Diríxense a xente de entre 18 e 30 anos en risco de exclusión TEXTO A. Prada

Cáritas axuda aos máis novos a atopar emprego no rural

Atoparlle un oco no mercado laboral aos mozos desempregados e en risco de exclusión social. Ese é o obxectivo co que Cáritas Diocesana de Santiago continúa ofrecendo cursos formativos en distintas localidades da diócese, no marco do programa Queda-T. Os alumnos que participan, segundo informan os docentes, teñen entre 18 e 30 anos e residen no rural.

O taller de auxiliar de hostalaría coa función de camareiro de restaurante-bar impártese nas localidades de Corcubión e Arzúa, aínda que este ano a causa da crise sanitaria, estase a desenvolver en Santiago, usando así a sede dos servizos xerais de Cáritas. Pola súa parte, en Ribeira, os mozos están a formarse en operarios de limpeza e en Carballo impártase o curso de dependente de produtos frescos. Todos estos talleres teñen unha duración de 200 horas, 100 teórico-prácticas e outras tantas de prácticas profesionais non laborais en empresas do sector.

O técnico de Emprego de Cáritas Diocesana de Santiago, José Alberto Fernández, explica que todos estos talleres formativos nacen “desde la convicción de que el empleo, entendido como trabajo digno remunerado por cuenta propia o ajena, es la principal vía que tenemos las personas y los hogares para obtener ingresos y acceder a unas condiciones de vida satisfactorias”, indica. Con estas accións de orientación e formación Cáritas quere facilitar “que se sitúen en mejores condiciones en el mercado laboral”, recalca.

PROGRAMA QUEDA-T Dita proposta ten como finalidade conseguir cambios positivos na situación laboral dos mozos participantes, pero tamén sensibilizar aos axentes empregadores e á sociedade en xeral “para que los jóvenes puedan quedarse en las zonas rurales en las que viven y no tengan que marcharse fuera en busca de un puesto de trabajo”, aclaran os docentes. A través deste programa de emprego “se pretende contribuir a que las personas y colectivos con mayores dificultades, debido a sus propias circunstancias vitales y al contexto socioeconómico, puedan superar los obstáculos internos y externos que encuentran a lo largo de su vida y logren incorporarse al mercado laboral en condiciones dignas”, relata o profesorado dos talleres.

Ditos cursos están financiados polo departamento de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas, e por Inditex.

O PROTAGONISTA
“adaptarse á demanda do entorno”
José Alberto Fernández
Técnico de Emprego de Cáritas Diocesana de Santiago

“Estamos convencidos de que una formación ocupacional de calidad y adaptada a la demanda de empleo del entorno se convierte en uno de los principales medios para mejorar la empleabilidad de las personas que necesitan mantener, mejorar o actualizar sus competencias profesionales”, señala. Añade que hacen un “esfuerzo” por realizar acciones formativas fuera de las ciudades.

{ A OLLADA }
Ensino altruísta
A. Prada

DENDE LOGO QUE SON necesarias máis accións como esta de Cáritas Diocesana de Santiago, que ofrece formación aos máis novos, que xa de por si o temos moi complicado pola época que vivimos, pero que ademais se centra nos que viven no rural e, especialmente, naqueles en risco de exclusión social. Estos cursos formativos intentan ademais orientar a formación aos postos que demandan as empresas da zona na que viven os participantes. Trátase así dunha forma máis “real” de poder atopar traballo unha vez rematen os talleres, e ademais, é a mellor maneira de lograr asentar poboación no rural, ao darlles unha oportunidade nas aldeas nas que viven, sen necesidade de que se trasladen ás grandes cidades. Unha gran iniciativa.

03 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.