Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carnota activa un amplo e variado programa festivo con teatro, música e humor

Dará comezo este mesmo venres co espectáculo infantil ‘Xogar e aprender en galego mola!’, con Gemola

Carnota. Dende o departamento de Cultura, Turismo e Deportes do Concello de Carnota prepararon unha ampla e variada programación de Nadal que dará comezo este mesmo venres. Será da man de Gemola (Deza Music), que recalará na vila con Xogar e aprender en galego mola!, un espectáculo infantil de música e xogos. Trátase dunha actividade da Rede de Dinamización Lingüística e terá lugar no salón de actos municipal ás 17.30 horas, con entrada gratis ata completar aforo.

Para os días 15, 19 e 21 decembro programaron microconcertos de piano, canto, percusión, guitarra e música tradicional da man do alumnado da Escola de Música Municipal. Celebraranse na aula multiusos situada no andar -1 do edificio cultural do Viso. Máis información nas redes sociais da ESMU. E o día 16 chegará á vila Quico Cadaval con Fantasmas familiares, actuación para público adolescente e adulto que se enmarca na programación das Noites Espectaculares. Terá lugar no salón de actos do concello ás 21.00 h.

O programa tamén inclúe espectáculos teatrais para o público infantil e adulto, unha andaina, unha xornada de danza urbana e outra de deporte na rúa, un mercado de fin de ano ou a gran festa para despedir o 2022. As actividades rematarán o 5 de xaneiro cunha festa infantil e a recepción dos Reis Magos no pavillón de Carnota. Máis información na web municipal (carnota.gal). m. c.

01 dic 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.