Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carnota celebra o mes das Letras con humor, teatro e un espectáculo

Carnota. Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2021, dedicado á creadora e tradutora Xela Arias, o Concello de Carnota artellou para o mes de maio un programa de actividades culturais para todos os públicos, que serán presenciais.

As iniciativas comezarán o sábado 8 de maio cun monólogo para o público adulto da man do actor e humorista ourensán Sergio Pazos, que terá lugar no salón de actos do Concello ás 21.00 horas. Para o día 14 programaron un contacontos ilustrado con música en directo e, para o 21, unha función teatral da que se encargará a compañía Talía Teatro, que representará Voa, voa!.

Todas as accións son de balde, con reserva previa no departamento de Cultura ou no Servizo de Normalización Lingüística, enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@carnota.gal, ou ben chamando ao teléfono 647 459 445. m. c.

20 abr 2021 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.