Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Carnota celebrará o Día Europeo da Arte Rupestre cun paquete de actividades

CARNOTA. O Concello de Carnota vai celebrar en outubro o Día Europeo da Arte Rupestre cun programa de actividades enmarcadas dentro do Museo Arqueolóxico Aberto. A xornada terá lugar o próximo sábado 9 de outubro. Segundo indicaron, pola maña, ás 11.00 horas, a rapazada de entre 6 e 12 anos de idade poderá participar nun obradoiro de arte rupestre para coñecer os petróglifos do municipio de Carnota. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, está previsto facer unha ruta para todos os públicos polo monte do concello con parada no petróglifo da Laxe Escrita, para contemplar as inscricións que forman este xacemento. As persoas que desexen participar nas accións é necesario que se inscriban previamente nas oficinas do departamento de Turismo, chamando ao teléfono 610 208 083 ou ben enviando un correo a turismo@carnota.gal. m. C.

28 sep 2021 / 20:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.