Carnota conciencia sobre os danos do furtivismo

Acto de entrega das camisetas á rapazada. Foto: Concello
CARNOTA. O Concello de Carnota vén de pór en marcha, xunto ás confrarías de Lira e O Pindo, unha campaña contra o furtivismo. Ademais da cartelería colocada por todo o municipio, deseñaron unhas camisetas que repartirán entre os/as pescadores/as e mariscadores/as das citadas entidades mariñeiras e os participantes do campamento Aldea de Verán, así como entre a poboación local e visitantes. Estas xa foron entregadas aos máis cativos de Carnota, a quen lle transmitiron a necesidade de concienciación sobre o furtivismo. m. T.
30 jul 2021 / 20:03
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.