Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 29 noviembre 2021
02:00
h

Carnota invita a participar nun certame de microrrelatos

Carnota. A biblioteca escolar do IES Lamas de Castelo e a Libraría Chorima, coa colaboración do Concello de Carnota, a través do SNL e da Axencia de Lectura Municipal, convocan un concurso de

microrrelatos en lingua galega para conmemorar o Día das Escritoras, que se celebrará o 18 de outubro.

O certame está dirixido ao alumnado dos centros de Educación Primaria e Secundaria do citado municipio e ten por obxecto estimular a creatividade literaria mediante a escrita de microrrelatos arredor do tema proposto pola Biblioteca Nacional de España para a edición de 2021 do Día das Escritoras: Ler as idades da vida.

Establécense catro categorías diferentes e un premio para cada unha delas, que consistirá nun lector de libros electrónicos, un libro en formato impreso e un lote de material escolar.

Os traballos poderanse entregar na biblioteca de cada un dos centros ata o vindeiro día 14 de outubro. m. c.

06 oct 2021 / 20:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.