Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Carnota pon en marcha o ciclo cultural de ‘Noites espectaculares’ este venres

Carnota. Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Carnota pon en marcha coa chegada do outono o programa cultural para a poboación adulta de Noites espectaculares. Todas as actuacións serán levadas a cabo no salón de actos do do consistorio carnotá, ás 21.00 horas dos venres sinalados no programa.

Nesta edición, o ciclo de actividades culturais contará coa visita de Paula Carballeira e o seu contacontos de Historias de arrepío, que será a encargada de dar o pistoletazo de saída o venres 24 de setembro. Tomará o relevo De Ste Xeito Producións, que presentará o 8 de outubro a súa obra teatral Running, unha suorosa comedia. Para o 12 de novembro fixaron o monólogo do humorista Isi; para o 3 de decembro o de Oswaldo Digón, mentres que o 17 de decembro haberá teatro da man de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei en Papar sen cancelas. Requírese inscrición previa chamando ao 647 459 445. m. c.

22 sep 2021 / 20:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.