Carnota vén de activar o servizo de madrugadores co Plan Único
Carnota. A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitou este venres o Concello de Carnota para coñecer o funcionamento do novo servizo de madrugadores que o municipio activou grazas ao Fondo Social do Plan Único. Xunto ao alcalde Juan Manuel Saborido e á concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Noceda, Lamas visitou o CEIP de Carnota e inteserouse polas actividades que desenvolven os escolares.
“O programa fai que moitas familias de Carnota poidan conciliar a súa vida laboral e familiar, xa que permite deixar aos cativos no colexio entre as 8.00 e as 9.45 h., hora en que empezan as clases; de modo que os pais e nais podan atender as súas obrigas laborais”, explicou.
A deputada tamén apuntou que Carnota recibe este ano 541.202 euros do Plan Único, cos que finanaciarán distintas obras e servizos públicos. Máis de 100.000 euros destinaranse a gastos sociais. m. c.