Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cas obras de illamento, o CEIP de Palmeira aforra case un 40 % de enerxía

RIBEIRA. O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, visitou este martes as instalacións do CEIP Plurilingüe de Palmeira, onde supervisou as obras de eficiencia enerxética levadas a cabo no centro cun investimento de 5760.000 euros. Os traballos supuxeron a aplicación de illamento exterior, a substitución das fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio e a instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética. Substituíronse tamén as actuais persianas por outras con maior illamento térmico. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 39,57 por cento en consumo de enerxía primaria e do 41,88 por cento en emisións de CO2. Trenor aproveitou a visita para interesarse polos proxectos educativos do colexio. S. Souto

04 ene 2022 / 14:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.