Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Catro expertas danse cita o día 7 no sexto foro pobrense Muller e Ciencia

Este ano emitirase pola canle de Youtube do Concello en horario de 17.00 ata 21.00 horas

A Pobra. A Pobra do Caramiñal emitirá pola canle de Youtube do Concello o día 7 de novembro, en horario de 17.00 a 21.00 horas, a sexta edición das Xornadas da Muller e Ciencia, nas que intervirán catro expertas cunha recoñecida traxectoria profesional no eido científico.

A primeira cita chega ás 17.00 horas coa conferencia Furgando nas entrañas do COVID-19 con ferramentas computacionais: unha viaxe a Mordor en montaña rusa, da man de Rebeca García , doutora en Química Orgánica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora principal do Ciqus.

Logo, ás 18.00 horas, será a quenda de Isto non sae nos libros de ciencia a cargo de Deborah García, química e comunicadora científica. Unha hora máis tarde, chegará a relatora e bióloga Catalina F. de Ana Portela con Os fungos aplicados á biotecnoloxía. Tratamentos fronte ó COVID-19 en fogares de maiores.

E, finalmente, E-téxtiles e participación equitativa en STEM impartirase ás 20.00 horas por parte de Paola Guimeráns, especialista en educación na área dos e-téxtiles e experta en Deseño de Interacción e Tecnoloxía Poñible, ademais de ser autora da plataforma de recursos prototipadoLAB e fundadora da iniciativa Aula STEAM.

Para participar nas videoconferencias, as persoas interesadas débense inscribir de balde no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal, indicando o coloquio que desexan ver. m. t.

04 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito