Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

ponte Ceilán

Noia. A Xunta recibiu 4 ofertas de empresas para executar as obras de conservación da ponte Ceilán, na estrada AC-550 ao seu paso polos concellos de Noia e de Outes, que suporán un investimento autonómico de 505.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actuará nesta ponte, situada no punto quilométrico 69 da vía autonómica que une os municipios de Noia e de Outes, co obxectivo de aumentar a seguridade dos peóns mediante a substitución da varanda actual por unha nova.

Para acometer esta intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, o contrato prevé que a varanda veña xa fabricada e pintada do taller en tramos de 6 metros co fin de proceder á súa instalación de xeito rápido. Antes do desmonte da varanda actual, realizarase unha limpeza de toda a zona eliminando os restos vexetais.

O proxecto a executar tamén inclúe a renovación da iluminación da ponte por outra de tecnoloxía LED. m. c.

21 abr 2022 / 20:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.