Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chaman á inscrición na andaina solidaria contra o cancro na vila boirense

Celebrarase o día 23 de outubro a partir das 11.00 h e constará dun percorrido duns 5 km

Boiro. O Concello de Boiro colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na organización da andaina solidaria Boiro, en marcha contra o cancro que terá lugar o vindeiro 23 de outubro. O alcalde boirense, José Ramón Romero, e a presidenta desa asociación na localidade, Marisa Lojo, realizaron a presentación da proba acompañados do concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus.

A andaina constará cun percorrido duns cinco quilómetros, cun traxecto moi sinxelo para que calquera persoa poida participar, e que sairá ás 11.00 horas da Praza de Galicia, descorrerá polo núcleo da Boliña e o paseo do río Breiro ata o paseo marítimo, percorrerá o paseo do Estuario do Río Coroño e regresará á Praza de Galicia.

Segundo indicaron dende a entidade organizadora, as inscricións están xa abertas e poden facerse na Oficina de Turismo de Boiro, na Farmacia Ortopedia Ana Torrente, na Galería Sargadelos, en Modas Naty , e nas mesas da Asociación Española contra o Cancro que se instalan os martes e sábados na rúa peonil así como na web. O prezo da inscrición é de 5 euros para as persoas adultas e 3 euros para os nenos e nenas de ata 12 anos. Resaltar que todos os beneficios recadados con esta iniciativa irán a parar á Asociación Española contra o Cancro. m. c.

26 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.