Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Charla da RAG sobre a aplicación Toponimízate e a casuística de Ribeira

RIBEIRA. A Real Academia Galega vai ofrecer o vindeiro luns ás 16.30 horas unha charla de carácter telemático dedicada á divulgar as vantaxes que para a preservación do noso patrimonio inmaterial posúe a aplicación informática colaborativa Toponimízate, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, centrándose para esta explicación en exemplos e casos do municipio de Ribeira. A conferencia será impartida por Vicente Feijoo Ares, coordinador da Unidade Técnica de Toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia, por streaming a través da páxina de YouTube da RAG. A tal efecto confeccionouse un cartel que incorpora un código QR que se pode escanear para conectarse. Tamén se poderá seguir dende o centro cultural Lustres Rivas. Ademais, emitirase en directo nos institutos Leliadoura e Número Un. s. s.

14 oct 2021 / 13:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.