Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Chega a mostra ‘Madeiras á deriva’ ao Lustres Rivas

RIBEIRA. O centro cultural Lustres Rivas exhibe dende a semana pasada unha nova exposición titulada Madeiras á deriva- Sílabas de auga, do artista leonés Jesús A. Martínez Lombó, nado en 1963. O acto inaugural contou coas intervencións do propio autor e da concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde, María Sampedro, quen animou á xente a contemplar esta nova proposta artística, composta por máis de corenta pezas talladas en pedra e madeira que teñen a particularidade de que foron feitas a partir de materiais recollidos na costa, fundamentalmente das rías de Barbate e Arousa. No pasado abril a mostra estivo exposta na Biblioteca Municipal de Astorga, servindo para retomar a actividade expositiva desta instalación logo da interrupción provocada pola pandemia. No Lustres Rivas pódese visitar ata o 13 de novembro, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas, e tamén os sábados de 11.00 a 14.00 horas. A entrada é de balde. m. c.

18 oct 2021 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.