Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega a Outes Atlántico con ‘Dúas donas que bailan’

Outes. No marco do Outono Teatral, a compañía Teatro do Atlántico recalará o 2 de outubro na vila outense coa obra Dúas donas que bailan, dirixida a maiores de 12 anos. Terá lugar na casa da cultura a partir das 20.00 horas.

Trátase dunha traxicomedia na que unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, para a que só lle falta un exemplar, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos, cos que non mantén moi boa relación, e tamén da axencia inmobiliaria propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda.

Dende a concellería de Cultura de Outes recordan que, como consecuencia das medidas a adoptar pola COVID, redúcese o aforo do salón de actos. As entradas pódense recoller (máximo dúas por persoa) na casa da cultura dende o luns anterior á cita ata o venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas. No caso de quedar algunha, repartirase o mesmo día da función, por estrita orde de chegada.

Asemade, o Concello tamén lembra que a entrada á sala farase quince minutos antes do inicio da función e, unha vez comezada, non se permitirá acceder. m. c.

28 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.