Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chega ‘Nós tamén fomos emigrantes’ á vila outense

Outes. O Concello de Outes, ABANCA e Afundación presentan a exposición Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX. O acto de apertura terá lugar o luns 7 de novembro a partir das 12.00 horas, na sala de exposicións da casa da cultura outense.

Segundo avanzaron dende a administración local, a inauguración contará coa asistencia de Manuel González López, alcalde de Outes; Xosé Manuel Ramos Caamaño, concelleiro de Cultura, Mocidade e Voluntariado; José Manuel Vilariño, coordinador institucional de ABANCA na Coruña; Natalia Gómez, directora da oficina de ABANCA de Outes; e a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela.

A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. Poderase visitar ata o vindeiro 3 de decembro de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e sábados de 11.00 a 13.00 horas. ecg

04 nov 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.