Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cimadevila recrea na Serra ‘La movida’ a través dunha mostra

Unha exposición de fotografía que pode visitarse na casa da cultura ata o 31 de xullo

Outes. A casa da cultura de Serra de Outes acolle durante o mes de xullo unha exposición de fotografía titulada Músicos de los 80. La movida madrileña, de Eduardo Cimadevila Niño. Esta mostra sobre o movemento cultural que se desenvolveu durante os anos oitenta en diferentes zonas do Estado e no que xóvenes músicos foron auténticos protagonistas, proporcionando coas súas cancións momentos inolvidables.

Este movemento construeu un mundo provocativo e desenfadado, caracterizado por un humor irónico, ácedo e moi atrevido, nun país que comenzaba a despertar dun longo letargo social e cultural.

Esta colección de instantáneas mostra unha mocidade exhibindo unha vital adicación, empeño e entrega no oficio que estaban aprendendo: o de ser músicos. Son “fotografías de escenario” nas que os artistas están nas probas de son ou tocando en directo. Unhas imaxes que chegan a transportar case tanto como a propia música.

pINTURA A casa da cultura sonense alberga unha exposición de pinturas, de Jesús Costa, C. Beira e Rosana Calvo, ata o 31. Pode visitarse de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, mércores e venres de 19.30 a 21.00 e, na fin de semana, de 11.00 a 13.00. m. c.

06 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.