Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cincocentos maiores asistiron á xuntanza de confraternidade en O Son

porto do son. O director xeral de Maiores e Persoas con

Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu o pasado domingo á XX Xuntanza de confraternidade para os maiores de Porto do Son, á que acudiron ao redor de cincocentas persoas, e que se desenvolveu no xardín da zona portuaria da localidade sonense.

González Abeijón, que estivo na comida acompañado polos representantes municipais, destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa atención ás necesidades e preferencias das persoas maiores. Neste sentido, recordou que o Goberno galego pon en marcha “programas innovadores que teñen como obxectivo achegar igualdade de oportunidades aos maiores do rural e das cidades”. Así, salientou medidas como o autobús de Coidados Porta a Porta, as casas do maior ou o programa Xantar na casa. m. c.

02 may 2022 / 20:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.