Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cincuenta escolares da Pobra recibiron os agasallos do xogo-concurso ‘As 7 Rosalías’

A Pobra. O Concello da Pobra realizou o sorteo de 50 agasallos entre todos os cativos e cativas acertantes do xogo-concurso As sete Rosalías, convocado con motivo do Día de Rosalía de Castro. As recompensas foron botellas térmicas serigrafadas.

O concurso consistía en atopar varias siluetas recortadas coa forma de Galicia que contiñan no seu interior o rostro de Rosalía acompañado de versos seus. Participaron nenos e nenas de seis a doce anos dos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra. As pezas estiveron expostas nos escaparates de diversos establecementos da vila. A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, entregou os agasallos. s. souto

04 mar 2022 / 14:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.