Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cita coa danza da compañía de Sieira na vila rianxeira

Rianxo. O auditorio municipal de Rianxo acollerá este sábado día 2 ás 20.30 horas o espectáculo de baile e música tradicional DeMente, da compañía de danza de Fran Sieira, para público adulto e de 60 minutos de duración. As entradas xa están esgotadas.

Conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario pensado por Carlos Alonso Alonso xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.

Por outra banda, este venres día un, ás 21.00 horas, tamen no auditorio, terá lugar a representación da obra Soga e Cinsa: tríptico teatral para 11 bruxas en 101 minutos, a cargo da compañía Aporía Escénica. Está recomendada para un público maior de 13 anos e ten unha duración de 101 minutos. Aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII para visibilizar o xenocidio que supuxo. Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. s. s.

29 sep 2021 / 16:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.