Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Clase de marisqueo a pé de praia para escolares ribeirenses na Pobra

A POBRA. Trinta alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe de Artes (Ribeira) achegáronse á Pobra para participar nun dos obradoiros mariñeiros dirixidos a centros educativos que organiza a concellería de Turismo en colaboración coa Asociación Mar da Pobra. Os cativos estiveron na praia dos Raposiños, onde foron recibidos por unha das técnicas de Turismo, quen lles explicou a actividade para, posteriormente, coñecer da man das propias mariscadoras os bivalvos que atesouran os areais da localidade e os aparellos que se empregan para a súa extracción. A finalidade destas visitas experienciais é achegarlles ás xeracións máis novas o oficio das mariscadores e fomentar o respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural. A iniciativa, dirixida a centros de ensino de toda Galicia, continuará nos vindeiros meses. s. s.

22 mar 2022 / 15:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.