Clases de música para alumnos de Lousame de entre tres e cinco anos
LOUSAME. Os nenos e nenas dos cursos de Educación Infantil do CPI Cernadas de Castro de Lousame gozaron esta semana da música a través dunhas clases especiais postas en marcha polo director da Escola Municipal de Música co obxectivo de achegar as súas leccións aos rapaces e rapazas de entre 3 e 5 anos. A poucas semanas de rematar o curso escolar, a empresa que xestiona o centro achegou o seu método ao alumnado do colexio cunhas xornadas lúdicas e educativas de 25 minutos ao longo de toda a semana. As sesións comezaron cunha canción de presentación e proseguiron con actividades lúdicas e educativas.
O vindeiro día 16 de xuño a Escola Municipal de Música tamén celebrará unha xornada de portas abertas para que as familias coñezan de
primeira man o funcionamento do centro e o método educativo. suso souto