Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Climántica celebra o Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha charla

Úrsula Martínez, unha enxeñeira aeroespacial, será a encargada de impartila en liña

Noia. O proxecto Climántica planificou para hoxe, a partir das 16.30 horas, a celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha charla de Úrsula Martínez Álvarez, unha xove graduada en Enxeñería Aeroespacial, especializada en vehículos espaciais, e participante no Campus Climántica dende os trece anos. “Xa daquela Úrsula quería ser enxeñeira aeroespacial, e así o expresou en 2013 cando foi premiada como mellor estudante de ESO de Galicia”, comentou Francisco Sóñora, o director do proxecto.

Por iso, Climántica e a Área e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) uníronse para convidar aos institutos galegos e aos centros educativos noutras autonomías e países da súa nova rede internacional, Red Climántica en la Ruta Balmis, a que as súas alumnas interesadas en estudos científicos técnicos poidan visualizar a webinar coa que dan sostibilidade ao patrocinio que lle concedeu no 2020 a Comisión Nacional de Cooperación coa Unesco pola celebración do Día Mundial da Muller e da Nena na Ciencia.

Esta actividade, segundo indicou Sóñora, significa a presentación e convite ós centros de Galicia a sumarse á citada rede internacional. m. c.

11 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.