Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 13 abril 2021
13:48
h

Climántica regresará a Testal para investigar as praderías mariñas

Dirixirá esta actividade o catedrático Fernández e participarán 45 alumnos do Poeta Añón de Outes

Noia. Integrantes de Climántica desprazaranse este venres ata a praia de Testal para desenvolver unha investigación sobre o papel das praderías mariñas nos ecosistemas das rías. O alumnado recibirá unha explicación teórica in situ para continuar, de seguido, coa actividade de campo.

Durante a xornada estarán capitaneados polo catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández, colaborando co seu grupo de investigación un equipo xuvenil formado por 45 estudantes da materia Climántica e de Bioloxía e Xeoloxía do instituto Poeta Añón de Outes.

Todos eles forman o grupo de escolares de referencia dos dous proxectos europeos que quedaron de primeiros de España nas dúas modalidades extraordinarias de innovación educativa Erasmus+ que convocou a UE a principios do curso, un coordinado polo Concello outense e outro pola USC. “Incorporan a esta experiencia piloto inicial o proxecto de investigación científica da Universidade de Vigo Zosteco, que está financiado pola Fundación Biodiversidad a través dunha convocatoria de libre concurrencia competitiva”, explicou o director do programa, Francisco Sóñora.

En canto á metodoloxía da actividade que se desenvolverá en Testal, poñerán ó dispor de cada estudante que participa un caderno de investigación no que recollerá os datos obtidos e plasmará os resultados derivados do tratamento de información efectuado.

Asemade, Sóñora lembrou que César de la Fuente, catedrático da Universidad de Pensilvania, impartirá o día 16 de abril ás 16.30 horas a webinar Descubrimiento de antibióticos mediante computación, cuxo contido se pode visualizar a través da páxina web de Climántica, onde aínda se poden rexistrar os centros interesados. m. c.

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.