Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 22 junio 2021
13:37
h

Coidado e saúde centran unha campaña do CEIP de Outes

Outes. Despois dunha fase de investigación, o CEIP Plurilingüe de Outes presentará o vindeiro luns unha campaña, deseñada polo propio alumnado, titulada Cóidate, cóidanos. A saúde, unha gran responsabilidade co obxectivo de compartir coa comunidade as súas aprendizaxes e, ao mesmo tempo, concienciar sobre a importancia de manter hábitos saudables.

Asemade, tamén falarán da colaboración do centro con Médicos do Mundo, con quen organizan unha recollida solidaria para a compra de medicamentos para persoas en risco de exclusión social.

O acto terá lugar na casa da cultura da Serra de Outes ás 19.00 horas. No mesmo, proxectaranse os spots elaborados para a iniciativa. m.t.

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.