Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Colocan o novo peitoril na ponte vella de acceso a Noia

Noia. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras para a instalación de novo peitoril na ponte vella da estrada autonómica AC-550, ao seu paso polo concello de Noia. Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, terá un prazo de execución estimado dun mes.

A intervención consiste na substitución do elemento de contención de vehículos nesta ponte situada no punto quilométrico 73+200 da vía autonómica, que na actualidade conta cunha barreira soportada por uns perfís metálicos.

Deste xeito, segundo sinalan dende o Goberno galego, as obras comprenden a desmontaxe e retirada do actual sistema de contención e a instalación dunha nova barreira para contención dos vehículos, de xeito que quede protexido o tráfico de peóns que circula pola beirarrúa.

Os traballos impulsados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, departamento que dirixe Ethel Vázquez Mourelle, suporán, ademais, unha mellora estética nunha zona moi transitada e sensible desde o punto de vista patrimonial e natural.

Así, a Xunta de Galicia continúa traballando no mantemento das estradas autonómicas co obxectivo de reforzar a seguridade viaria. m. c.

14 sep 2021 / 20:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.