Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comeza a reforma integral do edificio da Unidade de Asistencia a Drogodependencias de Ribeira

Esta semana arrancaron as obras de acondicionamento e mellora da envolvente exterior do edificio da Unidade de Asistencia a Drogodependencias de Ribeira, unha actuación que está sendo realizada pola empresa Obras y Viales de Galicia S.L. A intervención comporta un investimento de 361.420 euros, IVE incluído, subvencionado en virtude do convenio de colaboración subscrito polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira para o acceso ao fondo de cooperación para o apoio e financiamento de actuacións e rehabilitación e conservación de patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

A edificación ten unha antigüidade de corenta anos e, aínda que o seu estado de conservación é aceptable, precisa dunha posta a punto no referente á envolvente térmica. O proxecto técnico elaborado comprende as seguintes accións: substitución da cuberta por outra con tella cerámica ademais de illamento térmico baixo a cuberta; reparación de patoloxías nos balcóns e aleiros existentes na fachada, a base dun tratamento e de reparación de gretas, así como o revestimento exterior cun sistema SATE en toda a fachada para a mellora das condicións térmicas do edificio; substitución da carpintería exterior por unha nova carpintería de aluminio; instalación dun ascensor panorámico; e reforma e ampliación do hall de entrada. O prazo de execución é de catro meses.

16 sep 2021 / 15:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.