Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 30 enero 2023
06:05
h

Comezan as actividades en inglés para os máis cativos en Lousame

LOUSAME. Un total de dezaseis nenos e nenas de Lousame, de entre cinco e seis anos, abriron a primeira quenda dos cursos gratuítos de actividades de tempo libre en inglés, ideados por Ebru Karaca e Dilara Güven, as dúas voluntarias turcas chegadas a través do proxecto europeo Actividades interxeracionais de voluntariado. Uns cursos que se organizan por primeira vez e que encheron as prazas dispoñibles nas tres quendas. A iniciativa comezou no local social do Sanguiñal (Tállara) en horario de 10.30 a 13.30 horas. Esta quenda de cinco a seis anos participou nas propostas ata o pasado venres. Agora chegarán outros dezaseis nenos e nenas de sete a nove anos (que estarán do dezasete ao vinte de agosto) e rematará o programa cos dezaseis rapaces e rapazas de máis de dez anos (do vinte e catro ao vinte e sete de agosto). S. Souto

09 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.