Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Comuneiros e propietarios de terreos do parque natural de Corrubedo analizan o plan reitor ca Xunta e o Concello

O salón de plenos do consistorio de Ribeira acolleu este luns unha nova reunión en torno ao Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) do parque natural de Corrubedo, que contou coa participación de representantes das comunidades de montes de Olveira, Artes e Carreira e da asociación de propietarios afectados polo parque, así como de responsables da Consellería de Medio Ambiente (Tomás Fernández-Couto e Antonio Rodríguez Fernández) e do alcalde, Manuel Ruiz.

No transcurso da xuntanza, analizáronse todo tipo de cuestións vinculadas co plan, en fase de exposición pública, tales como a práctica de deportes náuticos, a pesca, aspectos urbanísticos, delimitación de zonas, autorizacións e usos tradicionais, concesión de axudas ou o acceso á zona de Río do Mar. Así mesmo, outro asunto posto sobre a mesa é a posibilidade de que, coa aquiescencia dos seus propietarios, terreos privados situados en zonas de uso limitado podan ir cambiando a titularidade pública, como por exemplo, o campo de fútbol, que está en terreos clasificados como aptos para equipamentos.

“Foi unha reunión moi produtiva, de máis de dúas horas de duración, na que se realizaron avances en todos os apartados indicados, sempre baixo a premisa da necesidade de preservar os valores ambientais inherentes ao parque”, sinalan fontes do executivo local.

19 abr 2021 / 17:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.