Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Concentración en Barbanza contra as restricións de Europa á pesca

Ribeira. O Consello Sectorial de Pesca reuniuse este xoves ao mediodía no salón de plenos do consistorio local para abordar a recente decisión da Comisión Europea de dar luz verde á aplicación do regulamento comunitario que veda a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental. Como resultado desta xuntanza acordouse adoptar unha serie de medidas para visualizar a enorme preocupación do sector e concienciar á poboación sobre as gravísimas consecuencias que unha decisión coma esta (que se suma a outras como o Regulamento de Control ou a instalación de eólicos mariños) entrañaría para o futuro do municipio, no que o 50 por cento da súa economía depende da pesca.

Segundo informaron dende a administración municipal, entre as accións que se van poñer en práctica inclúese a celebración dunha concentración multitudinaria o sábado 8 de outubro na Praza do Concello (a hora está pendente de determinar, aínda que presumiblemente será pola tarde), de forma similar a outras mobilizacións históricas como a que en febreiro do 2011 levou a milleiros de persoas a protestar na cidade ribeirense contra os recortes nas cuotas de lirio.

Outras medidas acordadas son iniciar unha recollida de firmas, elaborar un manifesto a favor do sector, e dirixirse ao Estado e ao Goberno autonómico para “que defenda a nosa flota de todas as formas posibles, incluíndo a xudicial”, din.

Indicar que o Consello de Pesca estivo presidido polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e contou coa participación de representantes de todos os grupos municipais da Corporación, confraría de Ribeira, Asociación de Armadores de Arrastre, Asociación do Cerco de Ribeira e Aguiño, lonxa de Ribeira, Asociación de Empresarios de Ribeira e sindicato Comisións Obreiras. ecg

22 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.