Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Conferencia en Lira sobre
a dimensión humana de
Os Miñarzos

Organiza EqualSea Lab e celebrarase no salón de actos da confraría este sábado ó mediodía

Carnota. O salón de actos do edificio da confraría de pescadores de Lira (Carnota) acollerá este sábado, ás 12.00 horas, a conferencia A dimensión humana das áreas mariñas protexidas: a reserva mariña dos Miñarzos. O obxectivo desta actividade é amosar como unha boa xestión destes espazos pode axudar a que se complementen a conservación da natureza e as actividades humanas.

No encontro exporase como a reserva mariña dos Miñarzos leva impulsando, desde a súa posta en marcha, o desenvolvemento social e económico de Lira e a súa contorna ao tempo que se xeran beneficios sobre o ecosistema na área. Tamén se poñerán en común os aspectos positivos que esta Área Mariña Protexida (AMP) ofrece non só no aspecto económico, senón tamén nos ámbitos social e cultural. E, ao tempo, analizaranse os retos e problemas que afronta a reserva.

O acto enmárcase na celebración do Día Marítimo Europeo, e contará coa presenza de investigadores e mariñeiros que traballan na área mariña dos Miñarzos.

A iniciativa está organizada polo EqualSea Lab (CRETUS-USC). Este equipo, liderado por Sebastián Villasante, desenvolve de 2021 a 2026 un proxecto financiado pola convocatoria Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación. O obxectivo deste estudo é comprender como as áreas mariñas protexidas poden reducir a desigualdade nas comunidades próximas e impulsar transformacións cara a un planeta máis sustentable. c. g.

22 abr 2022 / 20:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.