Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Confirman boas cifras de ocupación en Barbanza Arousa

O sentir xeral do tecido empresarial é o dunha volta á normalidade tras as restricións

Ribeira. A Mancomunidade Barbanza Arousa contactou nestes días con diferentes establecementos turísticos do territorio coa finalidade de realizar unha escoita activa sobre as percepcións dos empresarios turísticos sobre os resultados desta tempada de verán. Neste senso, contactáronse empresas de diferentes tipoloxías de aloxamento tales como hoteis, campings, casas de turismo rural ou vivendas turísticas, así como empresas de actividades.

Así, indicaron que “o sentir xeral do tecido empresarial é o dunha volta á normalidade tras a eliminación de todas as restricións motivadas pola covid, o que supuxo un rendemento moi positivo da actividade turística barbanzana”.

Neste sentido, destacan que o perfil do turista do destino Barbanza Arousa continúa a ser principalmente nacional e de proximidade “aínda que nesta tempada os visitantes estranxeiros tamén se achegaron ata o noso territorio desde países como Francia, Alemaña ou Inglaterra”.

Dende a Mancomunidade Barbanza Arousa resaltan que as sensacións transmitidas polos visitantes ao empresariado foron moi positivas, sendo as ganas de ocio e de desfrutar o sinal de identidade do visitante deste verán que está a piques de rematar.

Por outra banda, tamén apuntan dende algún dos establecementos consultados o gran efecto positivo que tiveron as programacións festivas desenvolvidas polos concellos, que conseguiron dinamizar activamente as reservas de última hora en moitos momentos do estío. m. c.

21 sep 2022 / 19:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.