Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 08 diciembre 2021
16:16
h

Constrúen corenta e oito departamentos no porto de Rianxo para usuarios

RIANXO. Portos de Galicia está construíndo xa os novos departamentos para usuarios no porto de Rianxo, cun investimento de 2 millóns de euros. A presidenta do ente público, Susana Lenguas, comprobou este luns o desenvolvemento dos traballos e explicou que consisten na demolición de tres bloques de 22 departamentos que se atopaban en mal estado e na construción de dous novos bloques de 24 departamentos cada un. Terán 22 m2 de superficie útil para o almacenamento de utensilios propios da actividade profesional, ademais dun pequeno aseo e instalación de auga, electricidade, saneamento e preinstalación de telecomunicacións. O prazo de execución é de dezaoito meses. Lenguas estivo acompañada do patrón maior, Miguel Ángel Iglesias; da tenente de alcalde, Maricarmen Figueira; e do director de obra, Jorge Álvarez. S. S.

25 may 2021 / 18:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.