Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 09 diciembre 2022
08:20
h

Consultorio forestal e agrogandeiro de Deloa en Baroña este mércores

PORTO DO SON. Dende a Asociación Deloa estase a traballar no deseño da Estratexia de Desenvolvemento Local do GDR Deloa, que regulará os proxectos financiables no periodo 2023-2027 dentro do ámbito territorial dos concellos de Boiro, Dodro, Lousame, Noia, Muros, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois. Para iso celebrarán este mércores, 23 de novembro, na casa forestal de Baroña un consultorio temático sobre os sectores agrogandeiro-forestal en horario de 19.00 a 21.00 horas “no que agardamos que veña a cidadanía para facer as achegas a este respecto”. Os interesados poden inscribirse na seguinte ligazón: deloa.es/consultorios-participativos. Aos que lles resulte imposible asistir tamén poderán participar cumprimentando o cuestionario online que atoparán na web da citada asociación. m. c.

22 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.