Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Continúa o Festimaxia na casa da cultura lousamiá coa función do Mago Teto

LOUSAME. No marco da quinta edición do Festimaxia de Lousame, a casa da cultura da localidade acollerá este domingo 22 de novembro, ás 18.00 horas, unha actuación do Mago Teto, que volverá poñer en escena o espectáculo Alquimia. Trátase dunha actuación “que tivo tal éxito na edición do ano pasado que deixou a ducias de veciños e veciñas sen poder asistir por falta de aforo. Daquela adquirimos o compromiso de volver programar este espectáculo e agora cumprímolo”, explicou Silvia Agrafojo, edila de Cultura. Para asistir é necesario reservar a entrada con antelación chamando ao 981 825 780. Alquimia é un espectáculo dirixido a un público familiar, a partir dos 7 anos, no que o Mago Teto experimenta con auga, terra, lume e aire na busca da pedra filosofal, e no que fusiona o teatro e as artes escénicas coa maxia. m. c.

21 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito