Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Contos para merendar’ na vila carnotá no mes de outubro

Carnota. O outono chega a Carnota repleto de Contos para merendar. No marco do programa Ler Conta Moito, a biblioteca acollerá no mes de outubro varias propostas dirixidas ao público infantil e familiar, a partir dos 4 anos de idade.

Así, o vindeiro día 1 dará o pistoletazo de saída Sabela Gago con O señor do castelo; o venres 15 tomará o relevo Talía Teatro con Rosa Caramelo e outras historias, e o 22 de outubro concluirá a programación da man de Os contos de Pablísimo, que recalará la vila carnotá con O arquivo do Chibo. Os interesados en asistir aos espectáculos, que terán lugar no salón de actos do Concello ás 17.00 horas, deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a cultura@carnota.gal ou chamando ao 981 106 331. m. c.

22 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.