Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Convocada a selección de técnicos para os museos da vila boirense

O prazo para anotarse no proceso comezará este luns día vinte e é de cinco días hábiles

Boiro. O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a confección dunha lista de emprego temporal de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos. O sistema de acceso será mediante concurso-opoción libre. Os contratos formalizaranse baixo a modalidade temporal correspondente segundo se precise no momento de realizalos.

Para participar no proceso é necesario contar coa nacionalidade que permita o acceso ao emprego público, ter cumpridos os 16 anos, non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento do posto de traballo, non atoparse incurso en causa de incompatibilidade, non ser despedido mediante expediente disciplinario e estar en posesión de grao, licenciatura, diplomatura, máster ou posgrao relacionada cos campos da xestión cultural, patrimonio cultural, de museos ou turística.

As persoas interesadas en participar deste proceso deben inscribirse presentando toda a documentación no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ou a través da sede electrónica nun prazo de cinco días hábiles a contar dende este luns 20. As bases e a información sobre o proceso están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Para realizar a contratación, o Concello de Boiro recibe unha subvención por importe de 12.500 euros da Deputación da Coruña a través da convocatoria FO216 para a contratación de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante o presente ano 2022. s. s.

18 jun 2022 / 15:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.